lunes, 2 de febrero de 2009

Pita do Monte


Pita do Monte


A Pita do Monte ten un tamaño máximo de 1,10 m. nos machos e 0,70 m nas femias. Caracterízase por ter unhas plumas debaixo do pico en forma de barba, un rabo en forma de abano e uns tubérculos vermellos sobre os ollos.
A cor da plumaxe é unha característica diferencial entre os sexos. Os machos teñen a plumaxe negra, con zonas azuis ou verde metálico no peito, coas ás acastañadas cunha mancha branca no vértice e manchiñas brancas no ventre e no rabo. As femias teñen o dorso e as ás de cor acastañada con abundantes pencas brancas, o rabo e o peito arrubiados, e o ventre branco con manchas pardas. Ademais diferencia a ambos os sexos o tamaño do peteiro, que é prominente, de xeito curvo e de cor marfil nos machos e breve e de cor negra nas femias.
A pita do monte tarda en pórse a voar e o seu voo é torpe. Os cercados, valos e fragas moi pechados producen enormes baixas na súa poboación

No hay comentarios:

Publicar un comentario